A Tertulia de COPE O Carballiño, o programa de radio máis escoitado na provincia de 13 a 14 horas, según o último "Estudio Xeral de Medios"

O "Estudio General de Medios" -EGM- que actualizou esta semana os ultimos datos de audiencia nas emisoras de radio, volve certificar que COPE O Carballiño é líder absoluta en audiencia no Carballiño e comarca, e tamén é a emisora de radio máis escoitada na provincia de Ourense -incluídas as da capital- na franxa horaria de 13:00 a 14:00 horas, cando as emisoras de radio emiten a súa programación local.
As dúas frecuencias do Grupo COPE no Carballiño, ROCK FM 93.7 e Cope O Carballiño 91.9 suman 16.000 ointes, según os datos do EGM corespondentes a esta primeira onda de 2026.
O programa da Tertulia dos Venres é seguido por 4.000 oíntes polo 91.9 da FM, aos que hai que engadir os que o fan a través do streaming e as descargas en copecarballino.es., que cada tertulia escoitan a Sebas Lamazares, José Antonio Barge, Manuel Nogueira, Fátima Gómez e Gonzalo Rodríguez.
Escoita aquí a deste venres 17 de abril: