Test de voto en Galicia: comproba aquí con que partido tes máis afinidade para as eleccións do 18-F. Realiza aquí o test de COPE.

6, Febreiro 2024

2,7 millóns de galegos están chamados ás urnas o vindeiro domingo, 18 de febreiro. Deles, medio millón son residentes no estranxeiro. Ademais, hai 79.000 persoas que van poder votar por primeira vez porque acaban de cumprir os 18 anos desde as últimas eleccións, as xerais de xullo do ano 2023.

Na anterior lexislatura autonómica, o PP con Alberto Núñez Feijóo á fronte conseguiu 42 deputados, o BNG 19 e o PSOE 14. Vox e Podemos non conseguiron ningún representante. Neste 2024 o escenario está máis aberto, segundo as sondaxes. Podería entrar na Cámara Autonómica un partido que nace en clave local, Democracia Ourensá, e que goberna na cidade de Ourense. Tamén Sumar, a marca de Yolanda Díaz, quere abrirse un oco no Pazo do Hórreo, aproveitando o tirón e a popularidade da galega. Vox segue tentando ser clave nun futuro goberno na Xunta e Santiago Abascal anuncia unha forte presenza na campaña da comunidade para lembrar as mensaxes e as medidas que o seu partido quere implantar na comunidade.

Mentres que a nacionalista, Ana Pontón candidata do BNG, segue á alza; fronte ao candidato socialista Besteiro que non consegue, polo menos nas enquisas, arrebatar ao Bloque a segunda posición.

Ademáis, entre a oferta electoral deste próximo 18 de febreiro encontramos a Espazo Común Galeguista, a coalición electoral nucleada a redor desta formación política impulsada desde O Carballiño por Pachi Vázquez, él mesmo é o candidato á presidencia á Xunta de Galicia encabezando a candidatura da provincia de Ourense baixo o lema "Ourense, a chave de Galicia".

Neste 2024 ábrense moitas posibilidades sobre o futuro goberno en Galicia e as últimas sondaxes sinalan a que aínda hai unha bolsa importante de electores indecisos. Entre os estudos demoscópicos privados publicados e o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas), a porcentaxe de indecisos en Galicia oscila entre o 20% e o 27% dos electores. Estás entre eles?, aínda non sabes que partido represéntache mellor? O test de voto de COPE axúdache a aclarar dúbidas. 

CON QUE PARTIDO POLÍTICO TES MÁS AFINIDADE PARA  AS ELECCIÓNS DO 18-F

COPE exponche un test de voto de dez preguntas. Cada cuestión presenta varias respostas para escoller a que mellor se adecúe á túa forma de pensar e a túa opinión.

Para facer o teu test de voto sigue a ligazón:

https://participa.cope.es/p/973293