"Ti a O Carballiño e eu a Celanova", unha novidosa campaña de dinamización compartida polos Centros Comerciais Abertos de ambas localidades
Trátase dunha iniciativa conxunta e compartida polos CCA do Carballiño e CCA de Celanova para facer intercambio de veciños. Unha familia, parella ou amigos celanoveses pasarán a fin de semana en Carballiño e uns carballiñeses pasarán a fin de semana en Celanova desfrutando da nosa gastronomía, do noso comercio, do noso patrimonio e da nosa xente a gastos pagos. A campaña, presentada hoxe, ten como Slogan:"Ti a O Carballiño e eu a Celanova/Ti a Celanova e eu a O Carballiño.
Con compras no comercio local ou consumicións na hostalaría participarase no sorteo dunha fin de semana Ao comprar nos comercios ou consumir na hostalaría de Carballiño e Celanova haberá que completar unha rifa cos datos do cliente para participar no sorteo.
A campaña comezará o 22 de xuño e rematará 12 de xullo (período no que os asociados entregarán as papeletas aos seus clientes) O sorteo realizarase o 14 de xullo e chamarase aos gañadores en directo Datas para desfrute da fin de semana: do 16 de xullo ao 31 de xullo e do 16 de agosto o 30 de setembro segundo dispoñibilidade no aloxamento elixido.
Os gañadores pasaran unha fin de semana ( 2 noites) en réxime de ALOXAMENTO E ALMORZO en cada localidade. -Entregaranse uns vales para consumir nos locais de hostalaría que eles elixan (2 XANTAR e 2 CEAS cun importe máximo de 30€ por SERVIZO). -Tamén se entregarán 60€ de desconto en VALES de 5€ para gastar no comercio local. -Visita turística gratuíta a Carballiño (Visita guiada ao Templo da Veracruz e centro da vila, visita guiada polo paseo fluvial do Arenteiro “Gran balneario do Carballiño, Muiño do Anxo, Pena dos Namorados, Fábrica de papel da Lavandeira” , percorrido polo Parque Municipal e unha sesión de Piscina dinámica e canal de fleboterapia de 90min no Balneario Caldas de Partovia) - Visita turística gratuíta en Celanova (Visita guiada ao Mosteiro de San Salvador e capela mozárabe de San Miguel, Percorrido guiado por Vilanova dos Infantes e Visita a fundación Curros Enríquez e visita ao castro de Castro Mao.