Tomás Lorenzo solicita un pleno extraordinario da Entidade Menor de Berán
Tomás Lorenzo Fariña, Vocal da entidade Menor de Berán rexistrou o día 4 de xullo un escrito de solicitud de Pleno extraordinario, lembra que en reiteradas ocasións, ata tres veces solicitou a celebración dunha sesión extraordinaria para aclarar diversas cuestións importantes para o pobo de Berán. Insta ao concello, para que a través da celebración do Pleno Extraordinario lle aclare a situación das antigas instalacións Balnearias, a das novas, a economía da entidade Local Menor , indicando movementos de ingresos e gastos dos últimos dous anos, as subvencións que se solicitaron e recibiron dende o 1 xaneiro de 2010 ata a fecha, información sobre as xestións realizadas referentes a mocións presentadas polo PSdeG-PSOE con data de 23 de decembro de 2008 e que foron aprobadas por unanimidade en sesión extraordinaria celebrada o 13 de abril de 2009, o patrimonio da entidade , a limpeza do cemiteiro, do pobo , a creacións de novos panteóns.
Lorenzo Fariña, afirma “hai total falta de transparencia ”, non se celebran sesións ordinarias dende fai un ano e conclue que “a paralización que sofre a entidade so vai en detrimento dos intereses desta parroquia”