Toma posesión da súa praza no centro de saúde do Carballño unha nova pediatra. A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública entrevistaráse este dia 22 coa Valedora do Pobo.
A nova pediatra co que conta o centro de saúde do Carballiño tomou posesión este 19 de marzo da súa praza, que obtivo mediante concurso de méritos que con carácter de urxencia convocou o Sergas. Tras o seu nomenamento no DOG tiña un mes de prazo para a toma de posesión, aínda que quixo incoporarse no primeiro dia que podía facélo.
Desde a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Carballiño recoñecen que é un primeiro paso importante para a normalización do servizo de pediatría no centro sanitario carballiñés, pero apremian á Xunta para que proceda a axilizar o procedemento que debería finalizar coa adxudicación da outra praza que permanece vacante no servizo de pediatría que atende á comarca do Carballiño. Este próximo venres 22 trasladarán esta demanda a Valedora do Pobo.
No audio podes escoitar a entrevista a Rocio Valiñas, integrante da Plataforma Cidadán.