As tormentas continúan poñendo de manifesto as deficiencias nas rúas Compostela e Piñor, e provoca danos en baixos e sotos.
A problemática é xa unha estampa habitual cada vez que se rexistra unha forte tromba de auga en pouco tempo, tal como está acontecendo coa série de tormentas dos últimos dias, e os veciños da zona volven mostrar o seu malestar porque non acaba de buscarse unha solución. As deficiencias estructurais derivadas da incapacidade da rede de recollida de pluviais en absorver a auga provoca esta situación.
A consecuencia, baixos e sotos inundados, e a rúas Compostela e Piñor que por momentos quedan intransitables tanto para a circulación de vehículos e os peóns. Tamén na rúa Evaristo Vaamonde persiste este mesmo problema, e quen máis o sufre é unha vivenda na zona máis próxima a Praza da Veracruz, a súa propietaria vese impotente para facer fronte á riada que vai parar a súa casa procedente tanto da Praza da Veracruz como da rúa Eusebio Lorenzo.
Asemade, a tormenta deste domingo tamén provocou danos na avenida do Arenteiro, a altura da rúa Costa Rica, onde a rede de pluviais de auga reventou e levantou varios metros do alfalto.