As Traballadoras da Residencia de Maiores do Cornuval e do SAF do Carballiño volven manifestarse "polo retraso no pago dos salarios"

As traballadoras de Gesmedical Dis, a empresa que xestiona tanto o Servizo de Axuda no Fogar do concello do Carballiño como a Residencia de Maiores Dependentes do Cornuval volveron manifestarse para protestar polo retraso no pago dos seus salarios.
No caso do SAF do Carballiño as traballadoras cobraron a nómina do pasado mes de novembro, pero aínda están a espera de que se lle ingrese a paga extra que debian ter recibido o pasado dia 15 deste mes de decembro. A concentración tivo lugar diante a casa do concello do Carballiño de 14:30 a 15:00 horas.
Despois, e tamén durante media hora, a concentración estivo a cargo das traballadoras da Residencia do Cornuval, ás portas do centro residencial, portando pancartas nas que podía lerse "Non máis retraso no pago dos salarios" e ""Traballo digno e atención decente".