Tras 3 dias de busca e sen rastro do veciño desaparecido no Regueiro. Máis de 100 persoas participaron no operativo este domingo.
Marcial Manteiga, de 80 anos de idade, está sendo buscado infructuosamente dende a súa desaparición na tarde do pasado venres, cando saíu da súa vivenda no Regueiro e xa non regresou, sen deixar rastro algún que poida facilitar a súa localización. O home, que sofre unha demencia, puido desorientarse e perderse, aínda que tampouco se descartan outras hipóteses.
Familiares e veciños non se explican que lle pudo pasar e ónde pode estar consumidas tres xornadas de intensa procura na súa busca, e xa son tres as noites que pasaron e nas que as temperaturas nesta zona do concello de Boborás, nas inmediacións do alto do Paraño e os montes do Testeiro chegaron a valores mínimos de ata 5 graos baixo cero.
No operativo de busca deste domingo participaron activamente máis de 100 persoas, efectivos das forzas de seguridade, bombeiros, protección civil e numerosos voluntarios.
Tamén continuou colaborando a unidade de drons da Axencia Galega de Emerxencias, que tiveron que cesar na súa actividade a media tarde debido aos fortes ventos na zona, con velocidades superiores aos 60 quilómetros hora. Ademáis, nesta xornada sumouse ao operativo un helicoptero da Garda Civil.
Este lúns dia 4 de marzo o operativo reanúdase de novo, na que se será xa a cuarta xornada de busca deste veciño desaparecido o pasado venres. O punto de encontro para as persoas voluntarias que queiran participar no operativo será o aparcadoiro da Parrilada Os Hermida, na mesma localidade do Regueiro.