Tras confirmarse o contaxio dunha traballadora, todas as probas realizadas a residentes e persoal da residencia de maiores de Cea dan negativo.

5, Setembro 2020

Todas a probas realizadas ata o de agora tanto a persoas residentes como ao persoal da residencia de maiores A Saleta de Cea deron resultado negativo.

Esta semana Sanidade confirmaba un caso positivo en coronavirus dunha traballadora do xeriátrico xetionado pola Fundación San Rosendo en San Cristovo de Cea, un caso que forma parte do brote de tipo familiar notificado polo Sergas esta semana no muniicpio de San Cristovo de Cea.