Trasladado a Povisa o mozo carballiñés que resultou ferido pola explosión dun petardo

28, Maio 2009

No transcurso da xornada de hoxe foi  trasladado o hospital Povisa de Vigo o mozo carballinés de 22 anos de idade, I.D.M.P. que resultara con feridas graves o estourallle un petardo, cando participaba da festa carballiñesa de celebración da victoria do Barça na Champions. O suceso ocurrira pasadas as once da noite nas inmediacións do cruce de Curros Enríquez con Conde Vallelano, e xa desde o primeiro momento pudo comprobarse a gravidade das feridas nunha man tras a explosión do petardo. Trasladado de inmediato ó Punto de Atención Continuada do Carballiño confirmouse a amputación de dous dedos e graves lesións no resto da man. Despois de pasar a noite no complexo hospitalario de Ourense, os facultativos decidiron o seu trasaldo á unidade de traumatoloxía e ciruxía ortopédica do hospital Povisa de Vigo, onde quedou ingresado para recibir tratamento.