Tres accidentes de tráfico nun intervalo de 24 horas na curva do Cornuval
Os tres accidentes rexistraronse na estrada N-541, no mesmo punto, a saída da curva do Cornuval en dirección a Pontevedra.
Nos tres casos, os conductores perderon o control sobre os seus vehículos, o primeiro deles ás 17,30 horas do venres, un veciño de Pontevedra que saíu ileso, chocou contra unha farola a altura do Centro Comarcal do Carballiño. Pasadas as 20 horas do mesmo dia, un camión envorcou no mesmo lugar, no mesmo viaxaban tres persoas, o conductor que saíu ileso e dous ocupantes que resultaron feridos, un deles grave, os tres de nacionalidade portuguesa. Foron hospitalizados no CHUO.
As 17 horas do sábado rexistrabase o terceiro accidente en apenas un intervalo de tempo de 24 horas, idéntico aos dous anteriores, sendo evacuada a conductora en ambulancia.