Tres aulas pechadas e 23 casos de coronavirus nos centros educativos do Carballiño e comarca
Soben os casos de positivos nos centros educativos do Carballiño e comarca, ademáis xa son tres as aulas pechadas en aplicación do protocolo anti-covid, dúas na Escola Infantil Trastes e unha no Colexio Vila do Arenteiro.
Os centros afectados e os casos que rexistran -que suman 23 en total- son os seguintes: CPR Sagrado Corazón (6) IES Chamoso Lamas (5) IES nº 1 (4) CEIP Calvo Sotelo (2) CPR Vila do Arenteiro (2) CIP Terras de Maside (2) CEIP Boborás (1) Escola Infantil Trastes (1)