Tres das Catro actuacións da Orquestra Paris de Noia na provincia de Ourense para este mes de xullo serán en Boborás: O Regueiro (dia10) Moldes (dia12) e Feás (dia 31)
Das catro actuacións previstas pola Orquestra Paris de Noia para este mes de xullo no que andamos na provincia de Ourense, tres delas serán no concello de Boborás, a outra única presenza para este mes da famosa orquestra galega no ámbito provincial será en Amoeiro. Este verán de 2023 a orquestra presenta o seu espectáculo "La Gira de la Ilusión".
A primeira das tres actuacións da Paris de Noia en Boborás durante este mes será o lúns dia 10, na parroquia do Regueiro, onde celebran a festividade do S. Sadurnín. Nesta localidade actúou o pasado dia 29 de xuño a orquestra Panorama, no dia do patrón S. Pedro.
Tamén esta mesma semana, o mércores dia 12, a Paris de Noia amenizará a verbena no campo da festa de Moldes, no segundo dia das fesas de San Bieito. O dia anterior, o martes 11 faráo a orquestra Pontevedra.
E finalmente, a última visita da oquestra Paris de Noia ao concello de Boborás para este mes de xullo será o lúns dia 31, esa é a data programada para a súa actuación na parroquia de Feás.