Tres detidos no Carballiño a fin de semana. A Policia Local arrestou a 3 homes por quebranto de condena, abandono de animais e violencia de xénero.
Unha persoa alertou á Policia Local do Carballiño na madrugada deste pasado sábado dia 13, aportándolle os datos do modelo do vehículo e a matricula do mesmo, e asegurando que o conductor abandonara dous cans na Avenida do Parque do Carballiño.
Un dos animais foi recollido no mesmo lugar pola persoa que alertou á Policia Local, e o segundo dos animais foi encontrado un pouco máis tarde. Posteriormente, ás 03:45 horas, os axentes localizaron e identificaron ao conductor, que resultou ser un veciño do Irixo de 59 anos, e que recoñeceu aos axentes ter abandonados os dous cans.
Unha vez realizada a proba de alcoholemia, deu un resultado positivo, polo que foi proposto para sanción. Ademáis, foi detido como presunto autor deun delito de quebrantamento de condena, ao conducir o vehículo tendo o permiso retirado por órden xudicial. Tamén foi denunciado por abandono de animais, o que lle pode acarrear unha multa entre os 500 e os 10.000 euros por cada animal.
A Policia Local tamén procedeu esta fin de semana á detención dun veciño de Boborás, de 37 anos de idade, que foi sorprendido conducindo un vehículo tendo o permiso de conducir retirado por orden xudicial, ademáis tamén foi sometido á proba de alcoholemia dando tamén resultado positivo.
E finalmente, tamén este pasado sábado, unha patrulla da Policia Local do Carbaliño levou preso a un veciño do Carballiño, de 40 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero cometido contra a súa parella, que presentaba lesións nos brazos. A detención tivo lugar no mesmo domicilio.