Tres empresas optan á adxudicación do servizo de telefonía no concello carballiñés
O 3 operadores son Vodafone, Movistar e o galego R Cable. O procedemento de adxudicación púxose en marcha tras a apertura dos primeiros sobres, nos que se presentaban a documentación administrativa e as propostas de cada empresa concursante. Agora ábrese un prazo de dez días para que os técnicos municipais valoren cada unha das propostas, antes de proceder á adxudicación do servizo.
Mediante esta licitación a unha única compañía de toda a telefonía fixa, móbil e datos, os responsables municipais esperan "aforrar ata un 50% no gasto relacionado coa telefonía, tanto exterior coma interna". A duración deste contrato será de dous anos, contados a partir da formalización do mesmo, prorrogable por mutuo acordo das dúas partes, por outro dous anos máis, ata un prazo máximo de catro anos.
O adxudicatario deberá realizar a portabilidade dos números telefónicos dos que dispón actualmente o concello do Carballiño, e considerar as esixencias propias de servizos de emerxencias como o da Policía Local