Tres goles como tres soles e victoria do líder Arenteiro ante o Atios, 3-1.

4, Decembro 2016

Tres goles de alta definición conseguidos polos xogadores do Arenteiro poideron verse no Estadio de Espiñedo no partido correspondente á 16ª xornada do campionato da Preferente Galicia, que con esta victoria ante o Atios siguen liderando os verdes por novena xornada consecutiva.

Púxose moi pronto de cara a tarde para o Arenteiro, que aos 5 minutos facía unha xogada de pizarra que culminaba Rubèn Arce co primeiro golazo da tarde. Enfronte estaba un dos mellores equipos da categoria, con grandes xogadores, como o seu dianteiro Uru que aproveitou a primeira que tivo para empatar o partido no minuto 25.

Os goles, de moita calidade, superaban ao xogo e asi chegabámos ao final da primeira parte.

Saíu en tromba o Arenteiro na segunda, sabedor do moito que se xogaba neste partido. E comezaron a chegar as ocasións, aos pares aínda que non se lograban materializar, ademáis dun gran chut dende fora da área de Dani Vázquez que pegaba no longueiro xa co porteiro visitante batido.

Cando corría o minuto 59 chegaba o segundo gol da tarde dos verdes, centro medido de Saúl e Vilachá de cabeza, e marcando os tempos, envia o balón sobre a escadra da portería, inalcanzable para o porteiro.

Unhos minutos antes o Atios quedabase cun xogador menos por doble amarela, e no 67 sufría outra expulsión por vermella directa para o veterano Antúnez. Non obstante, nin cando se quedou con nove xogadores, baixou os brazos o Atios, un bo equipo polo visto esta tarde, dos que saben a qué xogan.

Xa co tempo practicamente cumplido chegaba o terceiro gol do Arenteiro, saída das botas de Vitti, noutro destello de calidade do dianteiro vigués do Arenteiro.

CD Arenteiro: Israel, Pol, Vilachá, Padrón, Saúl, Bardelás, Dani Chimpin, Carlos de Dios, Rubén Arce, Dani Vázquez e Alberto. Tamén xogaron Varandela, Iván Portos, Vitti e Esteban.

O  XOVES 8, PARTIDO DE COPA ANTE A UD OURENSE

Agora toca Copa Deputación. O vindeiro xoves dia 8 ás cinco da tarde, no Estadio de Espiñedo partido de volta de octavos de final da competición copeira no que tocar remontar o 1-0 co que chegan de ventaxa os ourensanos tras o partido de ida xogado no Estadio do Couto.