Tres puntos de ouro para o Arenteiro e pasillo ao equipo xuvenil polo seu ascenso á Liga Galega

14, Abril 2019

O Arenteiro derrotou ao equipo coruñés da UD Paiosaco por 2-1 nun partido que complicou ao final o árbitro cando no minuto 89 tivo un doble e grave erro sinalando un penalti a favor dos visitantes que so él víu, e ademáis nunha xogada que ven precedida de fora de xogo do atacante do Paiosaco.

Ademáis, de forma absolutamente incomprensible prolongou o partido oito minutos, cando previamente comunicara un desconto de catro minutos, son actitudes que non se entenden.

Os verdes conseguiron o obxetivo de sumar 3 puntos considerados como vitais, tras unha primeira parte un tanto tediosa por ambos equipos, todos os goles chegaron tras a reanudación.

Golpeou pronto o Arenteiro, apenas aos 3 minutos desta segunda parte tras un penalti sobre Hugo Sanmartín que convertíu en gol Fajardo. Despois, no m. 73 Rober fixo o 2-0.

Ao final, no minuto 89 chegou o penalti que se inventou o colexiado para levar a intranquilidade ao graderío, finalmente consumouse a victoria do Arenteiro e a, tamén hoxe numerosa afección carballiñesa -unhas 1.000 persoas en Espiñedo- respiraron tranquilas.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459745