UD Atios 0-2 CD Arenteiro

7, Decembro 2014

Incontestable victoria dos verdes na súa visita ao campo da Unión Deportiva Atios, no Porriño, onde Club Deportivo Arenteiro fixo un partido moi completo, soberbio na zona de cobertura, traendose os tres puntos para O Carballiño. Con éste, son cinco os partidos consecutivos do Arenteiro sen perder na liga de Preferente, dous empates e tres victorias, unha boa dinámica para recibir o domingo en Espiñedo ao potente Lalín.

C.D.Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Pana (Lois m. 68), D. López, D. Arbo, Dafonte, Bardelás (Alex Santiago m.76), D. Váquez,  Sanginés, Quiroga (V. Gallego, m.64),  e M. Sotelo (Canexón, m.74).

Goles

0-1. Minuto 6. Falta ao borde da área que executa con gran potencia D. Arbo, o balón toca en D. Vázquez e cólase dentro da porteria local.

0-2. Minuto 22. Bardelás rouba un baón no medio campo que envia sobre Quiroga, éste prolonga de cabeza cara Sanginés que chega como unha exhalación para plantarse ante o meta local ao que bate cun perfecto chut raso e axustado o segundo pau.

O Partido: De claro cor verde, dende o minuto 1 ao 98, anulando ao Atios no seu propio campo, os locais non poideron sacudirse a presión dos xogadores verdes, noutro encontro pleno de actitude e intensidade, e desta vez, soberbio en defensa, conseguindo que os bos xogadores que ten o Atios, incluido o seu goleador, o ex CD Ourense Jorge Fernández, pasaran hoxe practicante desapercibidos. Xa co 0-2 no marcador Marcos Sotelo e Sanginés, e incluso Arbo no lanzamento dunha falta a piques estiveron de incrementar o marcador a favor do Arenteiro. Pola contra, a única vez que os locais crearon perigo foi, na última xogada da primeira parte nun balón que se colaba pero apareceu unha prodixiosa man de Marcos Nieto para desvialo fora da portería.