Un Arenteiro moi superior vence aos asturianos do Unión Club Ceares
O Arenteiro venceu como moita solvencia ao equipo xixonés, ao que dominou de principio a fin en todas as fases do partido, cunha primorosa primeira parte de fútbol na que as fichaxes do mercado invernal, Pibe e Uxío, marcaron os goles e deixaron o partido visto para sentencia en apenas media hora.
Unha primeira parte na que o Arenteiro pudo irse ao descanso aínda cunha maior ventaxa no marcador. Tras o paso por vestiarios, o partido perdeu en intensidade, aínda asi os verdes gozaron de boas oportunidades e redondear un resultado que se quedou moi curto para os méritos dun Arenteiro moi superior. Agora, a preparar o partido co Arousa, que fora aprazado na xornada 18 pola covid, xogaráse en Espiñedo o próximo mércores dia 9 ás 20:00 horas.
A única mala noticia da noite protagonizouna Vitra, que pisou mal nun salto e tivo que ser retirado en padiola, pendiente de probas médicas que deberán determinar o alcance da lesión.
C.D. Arenteiro: Diego García; Víctor Éimil (Portela m. 84), Vitra (Ger Novoa m. 65), Pol Bueso, Raúl Blanco (Naveira m. 87), Álex Fernández (Marquitos m. 84), Joseca, Pibe Pastoriza (Cássio m. 84), Renan Zanelli, Sylla e Uxío.
U.C. Ceares: Guille Fernández; Abraham Ferreres (Edu Casal m. 38), Pelayo Muñiz, Orviz, Varo Fernández, Héctor Zuazua (David Blanco m. 38); Juan Carlos, Noe Fernández (Llerandi m. 38), Prosi; Manu Medori (Juan Cueto m. 46) e Madeira (Óscar Fernández m. 64).
Árbitro: Sánchez Ingidua, auxiliado nas bandas por Jiménez Rivero e Pablo Gómez. Comité castelán-leonés. Amonestou no Arenteiro a Álex Fernández, Víctor Eimil e ao adestrador, Fran Justo, nos asturianos a Manu Medori, Varo, Madeira e Llerandi, e expulsou a Pelayo Muñiz, no minuto 82, con vermella directa.
Goles: 1-0 m. 13 Pibe; 2-0 m. 35 Uxío.
Vídeo da TVG cos dous goles do Arenteiro: https://www.g24.gal/-/as-fichaxes-de-inverno-levan-o-arenteiro-ao-triunf...