Un brote declarado na Residencia de Maiores de Leiro dispara ata os 35 os contaxios activos no municipio
Leiro alcanza desta maneira o record de contaxios dende que se declarou a pandemia, ao dispararse hoxe domingo dia 17 de Xaneiro o número de contaxios activos no municipio ata os 35, cun incremento de 25 novos contaxios nas últimas 24 horas.
Este importante aumento no número de casos positivos en Covid-19 rexistrado en tan pouco tempo no concello de Leiro débese ao brote declarado no xeriátrico da localidade, a Residencia de Maiores Quercus, que afecta a 34 persoas, das que de momento tan so unha precisou hospitalización. Das 34 persoas vinculadas a este brote nesta residencia de maiores, 27 son usuarios e 7 traballadores.