Un buraco na rúa Alberto Vilanova nas inmediacións do centro de saúde obriga a cortar o tráfico. O Carballiño recupera a normalidade tras rexistrar 14 incidencias polo temporal de choiva deste dia de Ano Novo.
Un gran buraco na rúa Alberto Vilanova obrigou a cortar o tráfico nesta mañá de lúns, nas inmediacións do Centro de Saúde. O alcalde Francisco Fumega confirmou a esta emisora de radio que esta mesma mañá "o inxeñieiro xa fixo un informe dos danos para encargar con urxencia a obra de reparación porque a rúa quedou practicamente no aire".
A auga acumulada nesta zona, provocada en parte polo desbordamento do Carrás, fixo que os sumidoiros non poidesen absorver "toda a enorme cantidade e a auga buscou o seu camiño", explicou o rexedor municipal", que fixo repaso das incidencias máis relevantes que nos deixa este dia de Ano Novo debido ao gran temporal de choiva, que deixou rexistros de 110 L/m2 en apenas 24 horas no Carballiño, que foi o municipio máis afectado da comarca cun total de 14 incidencias que atendeu o 112, seguido de San Cristovo de Cea cun total de 10 incidencias.
Tamén se recuperou a normalidade na estrada de Mudelos, a altura da Xesteira, que na xornada deste domingo mantivo incomunicada esta localidade durante varias horas.