Un carballiñés falece en accidente laboral en Lanzarote
Felipe Pérez Carral, de 41 anos de idade, era veciño da parroquia de Seoane, aínda que residia na avenida do balneario do Carballiño. Traballaba para unha empresa de construcción, e no momento do accidente limpaba cristais, subido a unha plataforma elevadora, a unhos doce metros de altura. O guindastre desplomouse sobre a rúa por causas descoñecidas e provocou a morte tanto de Felipe como dun segundo traballador da mesma empresa, de nacionalidade peruana. O accidente produciuse na localidade de Arrefice, a capital de Lanzarote, nas illas Canarias.