Un comerciante de Dacón enfróntase a un agresor armado cun coitelo e consigue reducílo, pero consigue fuxir.
O episodio que investiga a Garda Civil sucedeu na mañá deste sábado dia 4 de Setembro nun establecemento comercial ubicado na rúa Principal de Dacón, cando un home coa cara semioculta por unha capucha entrou no interior do local e sen saber moi ben o móvil da súa acción -especúlase que o roubo- sacou un coitelo de grandes dimensións co que amenazou ao propietario do establecemento, Roberto C., éste abalanzouse contra o agresor que, tras verse desarmado, conseguíu fuxir.
Como consecuencia da pelexa, o comeciante sufríu feridas que motivaron o seu traslado ao Complexo Hospitalario de Ourense, aínda que a última hora da mañá xa recibíu a alta médica.
Os feitos foron presenciados por unha terceira persoa que a esa hora estaba no interior do local comerial. A Garda Civil abriu unha investigación para esclararecer os motivos deste incidente violento e identificar ao seu autor.