Un espectáculo de lume, pirotécnia, luz e son na torre da Veracruz, precederá á gran Cabalgata de Reis este sábado dia 5 de Xaneiro

2, Xaneiro 2019

A Cabalgata dos Reis Magos deste novo ano 2019 pode ser unha das máis espectaculares que se teñan celebrado no Carballliño. Así, un gran espectáculo de fogo, pirotécnia, luz e son, que terá lugar na torre da Veracruz, precederá ao comezo da Cabalgata dos Reis Magos este sábado, 5 de xaneiro.

Trátase dun espectáculo novidoso que combina fogo ignífugo, pirotécnia, luz e son nun entorno tan sobresaínte como o templo da Veracruz, e máis concretamente, a súa torre e almenas. Este espectáculo comezará ás 6 da tarde, e terá unha duración aproximada de 15 minutos, para dar a saída nese intre, ás 18,15 h., á Cabalgata dos Reis Magos, cuxas maxestades aparecerán baixo portada da torre do interior do templo e subiranse ás respectivas carrozas, que estarán situadas fronte á fachada principal, na Avenida Evaristo Vaamonde.

CABALGATA DE REIS

Haberá tres carrozas, unha por cada Rei Mago. A carroza de Melchor encabezará a comitiva, e seguiranlle as carrozas de Gaspar e Baltasar. As tres carrozas irán profusamente ornamentadas e iluminadas para a ocasión, e a carroza do medio tamén levará un equipo de son cun paxe-DJ, que terá a misión de realizar a animación musical durante todo o traxecto da cabalgata. Así mesmo acompañarán aos Reis Magos nas súas carrozas uns corenta paxes, entre os que haberá nenos e mozos de Aspadisi. O percorrido da cabalgata, que terá unha duración aproximada dunha hora, realizará o seguinte traxecto: TEMPLO DA VERACRUZ (Avenida Evaristo Vaamonde), CONDE VALLELLANO, ROSALÍA DE CASTRO, MARÍA MOSQUERA, RIBEIRO E CESÁREO TIZÓN, para chegar á PRAZA MAIOR, fronte ó Concello, onde as súas Maxestades descenderán das carrozas para subir ao salón de plenos e realizar os correspondentes saúdas, xunto co do alcalde, dende o balcón do concello. E a continuación recibirán personalmente aos nenos e nenas que o desexen.

EXHIBICIÓN DA ESCOLA DE DANZA

Nesta tarde máxica previa á noite de Reis, haberá tamén unha exhibición de danza que precederá ao espectáculo de fogo, pirotécnia, luz e son, e á Cabalgata de Reis. Terá lugar ás 5 da tarde no auditorio da Praza da Veracruz, e correrá a cargo dos alumnos e alumnas da Escola Municipal da Danza.