Un "esquerdazo" de Vicente Esquerdo da ao Arenteiro 3 puntazos en Espiñedo ante o Cornellá catalán
Terceira visita do equipo catalán a Galicia nesta liga de 1ª RFEF, venceu en Balaidos ao Celta B, empatou en Riazor co Deportivo e perdeu en Espiñedo co Arenteiro na que foi, ademáis a primeira visita da historia do Cornellá a O Carballiño.
Tras unhos minutos de tanteo, o Arenteiro fíxose co control e súa foi por xogo, achegamentos e ocasións ante a portería rival, pero non conseguíu marcar. Na segunda parte o partido igualouse máis, aínda que no minuto 73 Vicente Esquerdo colleu un balón que viña rexeitado dun defensa e conectou un misil terra-aire ao que nada pudo facer o meta ucraíno do Cornella. Tres puntazos que colocan ao Arenteiro na metade da táboa de clasificación con 17 puntos tras a xornada 13.
Cronica do partido en "La Voz de Galicia"
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/11/19/misil-esquerdo-...
Video-resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=FBTbR14cc8I&ab_channel=RealFederaci%C3%B...