Un foco de coronavirus declarado no fogar residencial de Brués afecta a 16 persoas

22, Xaneiro 2021

A Consellería de Política Social ven de informar dun novo foco de coronavirus que afecta a un centro de maiores da comarca, neste caso trátase do "Fogar Residencial Blanco Amor" ubicado na localidade de Brués, no concello de Boborás.

Un total de 16 persoas están vinculadas a este brote, das que 12 son usuarias e 4 traballadoras.