Un gol de Iglesias derrota ao Melias en Espiñedo
O Arenteiro sigue rentabilizando ao máximo os goles de Iglesias, que marcou aos 11 minutos o único que subíu ao marcador no partido do domingo de antroido desputado en espiñedo fronte ao Melias.
O dianteiro do Arenteiro aprobeitou un fallo da defensa do Melias, Iglesias adiantouse os defensores visitantes e ante a salida do meta Aarón conectou unha volea que enviou o balón ao fondo da portería. Nesta primeira parte hai que anotar outra oportunidade para os locais de ampliar o marcador ao seu favor cando Kennedy burlou á defensa visitante dentro do área e o seu tiro a media altura foi respondido cunha extraordinaria intervención polo meta visitante.
No segundo periodo, o partido, continuou bastante equilibrado. Aos 23 minutos o árbitrou deixou de sinalar un penalti sobre o carballiñés César, e aos 35 minutos o éx- xogador do Arenteiro agora no Melias, Oliveira, mandou un trallazo desde fora do área que petou no longueiro da portería defendia por Pachi.
Nova victoria dos carballiñeses, que siguen sumando de 3 en 3 puntos, aínda que o equipo sigue xogando moi agarrotado, e sacando adiante os partidos con moitas dificultades, conta con bós e incluso moi bós xogadores para esta categoria da 1ª autonómica, pero o equipo non acaba de entonarse en canto ao xogo que ofrece domingo tras domingo. Ante o Melias, máis do mesmo, o mellor o resultado.