Un gol de Kennedy da ao Arenteiro os tres puntos en Valadares, 0-1.
O Arenteiro logrou adiantarse moi pronto no marcador, faciao aos 10 minutos nunha xogada de intelixencia da dianteira carballiñesa cando David Soares en situación de fora de xogo quedase parado pero dando opción a Kennedy que, vindo dende atrás gaña en velocidade á defensa local e cruza coa esquerda ante a saída do porteiro do Valadares.
A partir de adiantarse no marcador os carballiñeses, que xogaban a favor do intenso aire que facía no campo da Gándara, souberon aguantar ben atrás, sen pasar por grandes apuros. Á media hora de xogo o partido poñíase un chisco máis de cara para o Arenteiro ao quedar o Valadares con 10 xogadores no campo por expulsión do seu gardameta, que víu a vermella directa por xogar coa man fora da área un balón de David Soares.
Logo de comezar a segunda parte, aos 5 minutos, o árbitro volvía equilibrar aos dous equipos expulsando a Kennedy, que caeu na trampa das continuas provocacións dos xogadores locais. Os minutos ían transcurrindo e o Arenteiro non pasaba or situacións comprometidas, mentres que á contra tivo aínda un par de ocasións para incrementar un resultado que, polos méritos de unhos e outros pode considerarse xusto.
O mellor, evidentemente os 3 puntos que lle permiten ao Arenteiro seguir con opcións de salavarse do descenso. O pior, a expulsión de Kennedy, que será sancionado e a lesión de Tazos, que se suma a xa ampla lista de baixas no equipo. E o domingo outro partido decisivo ante o C.D. Lalín.