Un gol en cada parte e triunfo do Arenteiro ante o C.D.Velle, 2-0
O mellor do partido foi o resultado favorable, que de novo sitúa ao Arenteiro na senda das victorias, un gol en cada periodo que dan aos carballiñeses 3 puntos vitais na loita polo ascenso.
E cando decimos que o mellor ante o C.D.Velle foi o 2-0, tamén estamos concluindo que o Arenteiro volveu a xogar un partido moi gris ante a súa afección, que en bó número volveu acudir a Espiñedo nunha tarde de ambiente invernal, cunha temperatura de apenas 7 graos.
A media hora de partido, e tras varios rexeitamentos sobre a portaría do C.D. Velle, Cancelas acertou a enviar o balón dentro da portería, abrindo o camiño da victoria carballiñesa, nunha primeira parte dominada polos carballiñeses aínda que sin grandes agobios para o porteiro visitante.
No segundo periodo o C.D. Velle foise para arriba en búsqueda do empate, dominando o partido, e cando mellor estaban xogando e máis dificultades tiña o Arenteiro para sacudirse do dominio visitante, chegaría o segundo local por medio de Iglesias, tras unha xogada na que o banquiño e os xogadores do C.D. Velle reclamaron ao árbitro que non pitase unha falta anterior, a xogada continuou e Iglesias colou o balón ao fondo da portería visitante cando xa transcorría o minuto 65 de partido.
Con esta victoria, os carballiñeses conservan a 2ª posición na táboa clasificatoria, aínda que por detrás a tan só 2 puntos Covadonga e Allariz siguen metendo presión, tras as súas respectivas victorias nesta xornada, mentres que o líder Nogueira -que perdeu precisamente có Covadonga- queda agora a 3 puntos dos carballiñeses.