Un gol en fora de xogo derrota en Sestao a un Arenteiro que fixo méritos para non regresar de baleiro do País Vasco.
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/sestao.jpg?itok=tuqBdhPu)
Un gol dos vascos no minuto 25 de partido que nunca debeu subir ao marcador porque foi precedido dunha xogada en fora de xogo derrotou no mítico campo de "Las Llanas" a un Arenteiro que a pesar de presetarse con numerosas baixas fixo méritos para traerse algo positivo, pero desta vez non pudo ser.
No Arenteiro debutou en liga o gardameta Pablo Brea, e cunha defensa de circustancias pola lesión a útlima hora cando na previa do partido estaba quentando Pol Bueso, e con Vicente Esquerdo de improvisado central. Cardero na primeira parte cun remate que se foi lamendo o poste da portería local e Chacón na segunda metade cun balón que rexeitou o traveseiro, a punto estiveron de cambiar a sorte neste partido. E mesmo no último suspiro do partido, Germán tivo a máis clara para alomenos traer o empate.
Resumen do partido na Televisión de Galicia:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-non-suma-puntos-na-sua-visita-a-sestao...
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/02/05/falta-punteria-...