Un golazo de Marc da ao Arenteiro os tres puntos en Salceda de Caselas

6, Setembro 2015

Na terceira xornada chegou a primeira victoria dos verdes en liga, no encontro xogado no campo da Gándara de Salceda de Caselas, aínda que para elo houbo que agardar ao minuto 90 de partido para que un trallazo de Marc ao lanzar unha falta dende 20 metros se colase como unha exhalación na portería local.

CD Arenteiro: Pachi, Gele, Dani Arbo, Maxi, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Marcos Sotelo, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sanginés, Marc, Martín Pérez e Bardelás.

Goles:

0-1.- Minuto 90. Golpe franco dende 20 metros sobre a portería do Caselas, Marc golpea maxistralmente, colocado e con forza, e o balón colase preto da escadra, inalcanzable para o meta local.

O Partido: Con dúas partes diferenciadas, unha primeira na que os porteiros de ambos equipos pasaron completamente desapercibidos, cos dous equipos igual de imprecisos, e unha segunda parte na que o Arenteiro foi claramente superior, levando o peso do partido e chegando con bastante facilidade á area local, aínda que sen resolver nos últimos metros. Ao final, o fútbol premiou ao Arenteiro co golazo de Marc.