Un home faleceu nunha leira de Anllo, no concello de San Cristovo de Cea, ao quedar atrapado nunha máquina de tallar madeira
Os feitos sucederon no lugar de Aldea Anllo, na parroquia de Castrelo, no concello de San Cristovo de Cea.
Ao fío das 19:45 horas desta tarde de lúns 24 de outubro, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. De xeito inmediato, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencia (CIAE) 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros do Carballiño, dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil.
Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do varón, de 67 anos de idade. Según testimonios veciñais, a vítima quedou enganchado pola roupa nunha engranaxe da máquina e morreu axfisiado.