Un incendio na rúa Astureses provoca o desaloxo de varias vivendas, como medida de precaución
A colaboración cidadán foi clave para evitar males maiores, asi o destacou o xefe da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras. Foi un veciño quen unhos minutos despois das 3 desta pasada madrugada deu aviso á Policia Local e de inmediato procedeuse a mobilizar ós servizos de emerxencia e extinción de incendios, "pasaba por alí a esa hora e víu o fume como saía do local, de non ser polo aviso e a rápida intervención seguramente a esta hora estariamos falando dun suceso doutro alcalce", salientou o responsable da policia carballiñesa. O lume orixinouse no interior da tintoreria "La Única", sita na rúa Astureses, un establecemento que, pola súa actividde, utiliza productos inflamables. O incendio deuse por controlado en apenas media hora, participando nos traballos de extinción tres bombeiros de Protección Civil, que acudiron cunha motobomba urbana. Foron desaloxados todos os veciños, tanto do edificio afectado como dos colindantes, que regresaron ós seus domicilios con normalidade ó cabo dunha hora, sen que rexistrase ningunha outra incidencia.