Un plátano de Canarias por 1 €, a campaña solidaria dos colexios do Irixo e Cea cos escolares da illa da Palma
Un plátano de Canarias por 1 euro, ésta é a campaña solidaria cos escolares da illa da Palma que levan a cabo durante esta semana -ata o próximo venres dia 5 de novembro- nos colexios Virxe da Pena da Sela do Irixo e no CPI Virxen da Saleta de Cea, e por iniciativa das comunidades escolares de ambos centros educativos. Todo canto se recaude será enviado á Illa da Palma.
Ademáis, esta semana solidaria nos colexios do Irixo e Cea, que conta coa colaboración dos concellos do Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea, complétase coa recollida de cartas e mensaxes de ánimo, debuxos e manualidades, que tamén se remitirán á illa da Palma para que os reciban os máis de mil nenos e nenas que quedaron sen colexio, e para que poidan recibílos cando regresesen ás aulas.
Con esta iniciativa, as comunidades escolares do Irixo e Cea queren, ademais, sensibilizarnos ante a catástrofe pola que están atravesando na illa canaria da Palma como consecuencia da erupción do volcán "Cumbre Vieja".