Un raio provoca un incendio que destrúe o galpón do circuíto de trial da Pedriña

27, Outubro 2011

Un lume provocado por un raio destruíu por completo o galpón do circuíto de trial da Pedriña, no municipio do Irixo, acontecía sobre as 10 da noite deste pasado mércores e coincidindo a esa hora cunha treboada que descargaba abundante aparello eléctrico. Todo o material almacenado no interior do galpón, incluido un tractor utilizado polo seu propietario, Raúl López, para traballos de mantemento do circuíto, quedaron destruídos tralo incendio. Malia esta adversidade, a organización do campionato galego de trial 4x4 mantén a celebración desta proba, estes vindeiros sábado e domingo, neste mesmo escenario, no circuíto de trial da Pedriña.