Un terremoto de magnitude 2,9 con epicentro en Maside déixase sentir en numerosas localidades da comarca
O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este terremoto ás 10 horas e 26 minutos desta mañá de xoves e localizou o seu epicentro dentro do municipio de Maside.
A magnitude foi de 2,9 e a profundidade de 1 kilómetro. Este último dato, a próximidade sobre a superficie da terra, de apenas 1 kilómetro fixo que o terromoto fose sentido pola poboación en localidades repartidas por toda a xeografía comarcal.
Tal como notificaron numerosos oíntes de COPE O Carballiño o tremor foi advertido na mesma zona urbana do Carballiño, nas rúas Conde Vallellano, Otero Pedraio e Avenida de Compostela. Tamén en Señorín, Dacón, O Torrón, Longoseiros, San Amaro, O Cruceiro, Garabás, Moldes, Louredo, Vilela, O Lago, San Facundo ou Cotelas, entre outros puntos xeográficos da comarca, sentiron este pequeno terremoto desta mañá.