Un terremoto de magnitude 3.0 con epicentro en Maside, deixase sentir no Carballiño e noutros concellos limítrofes
O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este lúns dia 19 de Outubro, ás 22:18 horas, un terremoto con epicentro no municipio de Maside, que alcanzou unha magnitude de 3.0 na escala de Richter, e dunha profundidade dun kilómetro.
O tremor de terra foi perceptible por parte de numerosos veciños, tanto no concello de Maside, como nos concellos limítrofes, sobre todo Punxín e San Amaro, e mesmo no casco urbano do Carballiño, onde ademáis varias persoas manifestaron a esta emisora de radio "ter escoitado un ruído como se fose unha explosión", ademáis de advertir o tremor nos seus domicilios.