Unha andaina polos montes do Irixo volve simbolizar a oposición á incineradora

25, Marzo 2012

A loita contra a instalación da planta incineradora no Irixo sigue viva según pudo verse na mañá deste domingo nas andainas organizadas para poñer de manifesto a oposición a este proxecto.

As camiñatas partiron de distintos lugares, probablemente a máis numerosa foi a que saíu desde a Carballeira da Madanela, punto de concentración para o groso dos participantes procedentes do Carballiño, mentres que as persoas chegadas desde a Comarca do Deza comezaron a camiñar desde a Carballeira do Campo. De forma practicamente simultánea, sairon as outras dúas andainas desde o municipio do Irixo, desde as localidades de Marnotes e Loureiro, ás que hai que sumar a que o fixo desde Grovas, no concello de Piñor.

Ainda que os organizadores non pretendian "unha movilización masiva como as anteriores manifestacións, xa que se trataba de ser respetuoso co entorno", arredor de 400 persoas tomaron parte nas cinco andainas que confluiron despois do mediodia no Coto do Marco, nos montes comunais sitos na Parroquia do Campo, onde se anunciou a instalación da incineradora. Alí mesmo, procedeuse a dar lectura a un manifesto no que os convocantes desta andaina reivindicativa volveron reafirmarse na súa posición en contra da incineradora.