Unha aportación de 300.000 euros de Medio Rural fará posible a construcción dun picadeiro na escola de equitación e equinoterapia de San Amaro. Asi o anunciou o alcalde Fernando Redondo.
O rexedor municipal agarda poder asinar o convenio de colaboración entre concello de San Amaro e a Consellería do Medio Rural nos próximos dias, unha achega económica que fará posible a construcción dun picadeiro no antigo campo de fútbol do Foxo, agora reconvertido en escola de equitación e equinoterapia de San Amaro.
O alcalde avanzou que conta co compromiso do conselleiro Xosé González para facer realidade unha demanda que vai supoñer un antes e un despois nunhas instalacións que acollen as actividades de equitación e e as sesións de equinoterapia, das que se benefician nenos e rapaces con necesidades especiais.
No audio adxunto podes escoitar o anuncio do alcalde Fernando Redondo en COPE O Carballiño.