Unha avaría múltiple con catro incidencias na rede eléctrica deixan sen servizo a media comarca. Entre os afectados polo prolongado corte no suminstro está o centro emisor de COPE O Carballiño.
Catro incidencias na rede eléctrica deixaron sen subnistración eléctrica a miles de clientes na comarca do Carballiño desde o mediodia e primeiras horas da tarde deste lúns 4 de decembro, afectando as emisións de COPE O Carballiño que non pudo emitir hoxe a súa programación local de mediodia, polo que pedimos disculpas á nosa audiencia.
As avería múltiple na rede eléctrica localizouse en catro puntos da comarca á altura das parroquias de Dadín, Madarnás, Veiga e Corneda, afectando a numerosos centros transformadores dos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás. A incidencia iniciouse as 12:42 horas e non se recuperou a normalidade ata seis horas despois.