Unha exposición dedicada ao "Cisne de Vilamorta" e "Pon unha fotografía na rúa", novas actividades da asociación Potiños
O concelleiro de cultura do concello carballiñés Diego Fernández e o presidente da asociación fotográfica Potiños, Manolo Blanco, presentaron hoxe dúas novas iniciativas para este mes de Maio, organizadas pola asociación fotográfica carballiñesa e coa colaboración da concellería de cultura. Fernández recoñeceu a labor dos colectivos culturais "que como no caso de Potiños manteñen viva a cultura nestes tempos tan complicados", agradecendo o traballo que desenvolven.
Coincidindo coa conmemoración neste 2021 como o ano de Emilia Pardo Bazán, o concello do Carballiño programou unha serie de actividades que se desenvolverán nos próximos meses, poñendo en valor a relación da escritora co Carballiño. Precisamente, esta exposición fotográfica preparada por Potiños recollerá algúns dos lugares da vila e comarca de finais do século 19 nos que a escritora ambientou a novela "O Cisne de Vilamorta". Esta exposición ubicaráse na casa do concello e poderémos vela a partir do martes da semana que ven.
Doutra parte, Poiños celebra o próximo dia 23 deste mes de Maio -domingo- a xornada mundial "Pon unha foto na rúa", unha actividade na que os fotografos e fotógrafas de Potiños veñen realizando unha media preto das 300 fotografias, a todas as persoas que se suman a esta invitación na Praza Maior do Carballiño, este ano avanzou o presidente de Potiños que serán fotos "con máscara, que nos recordarán cando pasen anos este tempo de pandemia no que vivimos".