Unha festa do pulpo virtual ? O concello traballa nun modelo festivo alternativo para o mes de agosto
Asi o anuncio en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, o concello do Carballiño xa traballa nun modelo alternativo para a festa do pulpo que, ademáis neste ano 2020, agardaba a declaración de festa turística de interese internacional.
Aceptando que pouco terá que ver a convocatoria deste ano coa festa do pulpo multitudinaria tal como a coñecemos, os responsables municipais xa se puxeron á tarefa de buscar un modelo festivo que poida alomenos salvar a promoción e difusión que para O Carballiño supón cada ano a súa celebración.
"Temos que acertar na idea, na que xa estamos traballando, e para elo contarémos coa colaboración dos pulpeiros, hostaleiros e comerciantes, para que siga sendo agosto unha data referencial para O Carballiño, e que ese dia o pulpo estea presente en todos os fogares do Carballiño e Comarca, habilitarémos un servizo de reparto", desvelou o alcalde.
E engadíu "será unha festa do pulpo próxima ao virtural pero coa tallada de pulpo no prato, e xa irémos vendo conforme vaia evolucionando a situación", dixo Fumega.
Precisamente, o concello de Ribadavia ven de anunciar a celebración da "Feira do Viño do Ribeiro Virtual", en sustitución do evento que este ano non pode celebrarse como consecuencia do estado de alarma.