Unha gran primeira parte de fútbol bástalle ao Arenteiro para gañar ao Leganés-b en Espiñedo.
Con esta vitoria ante o equipo madrileño o Arenteiro suma cinco partidos consecutivos sen coñecer a derrota na Segunda División RFEF, con tres empates e dous triunfos, cando van desputadas oito xornadas dun campionato de liga ata o de agora dominado pola igualdade.
Na tarde deste sábado, os verdes foron protagonistas durante unha primeira parte na que tiveron unha saída irresistible para o equipo pepinero, que se vía amplamente superado polas acometidas do Arenteiro ante a portería visitante. A calquera afeccionado que seguise o partido en Espiñedo ou na pantalla da Televisión de Galicia non houbese extrañado que os carballiñeses chegasen ao descanso cun marcador moito máis favorable aos seus intereses que o 1-0, logrado por Adrián Cruz no minuto 23. Porque o Arenteiro tivo varias ocasións claras, incluida un tiro ao poste, para ampliar o resultado, corto para os méritos dos verdes.
Na reanudación, o Arenteiro dedicouse a protexer o resultado e propiciou que o Leganés se fixera co control do xogo, aínda asi o equipo de Fran Justo tivo varias oportunidades de marcar o segundo gol e evitar a incertidume dos últimos minutos nos que os madrileños buscaban o empate, pero o marcador permanecería inalterable.
A nota negativa, Alex Fernández, que tivo que retirarse do terreo de xogo, tocará estar pendientes do alcance da lesión. Ademáis, para o partido de Bergantiños tampouco estará Adrián Cruz, que hoxe viu cartón amarelo e completa o primeiro ciclo de sancións.