Unha muller preside por primeira vez o pleno da corporación municipal de Boborás
Rosa González Doporto convértese na primeira muller na historia municipal de Boborás que preside o pleno da súa corporación.
A ausencia do alcalde Cipriano Caamaño propiciu este feito histórico no concello de Boborás, ao presidir a sesión ordinaria deste mes de Febreiro. Caamaño delegou as competencias da alcaldía na súa primeira tenente de alcalde entre os dias 21 ao 28 deste mes de febreiro, pero aínda asi mantivose a convocatoria que está fixada para o derradeiro venres dos meses par. Caamaño atópase de viaxe fora do país para participar nunha misión humanitaria nunha aldea africana, según apuntaron a esta emisora de radio persoas próximas ao rexedor municipal.
A alcaldesa en funciós conducíu unha sesión na que o grupo de goberno do Partido Popular aprobou os orzamentos municipais de Boborás para o ano 2013, cifrados en 1,4 millóns de euros, cun aumento do 5% en relación o do exercicio pasado. Os 3 grupos da oposición votaron en contra.
Os concelleiros de PSdG e MOVE criticaron o documento aprobado, facendo especial fincapé no alto endebedamento da institución municipal. O socialista Alberto Otero incidíu no aumento da débeda viva, que se "incrementou desde 558 mil euros aos 687 mil euros no último exercio", asegurou. José Benito Trigás, do grupo MOVE, lamentou "que a inversión real neste ano sexa de só 186 mil euros, apenas o 13% real do orzamento", Trigas dixo que "Boborás é un concello enfermo e sen futuro con 214 parados sen ningunha expectativa". O representante de MOVE incluso chegou a propoñer "un referendum entre os veciños" para preguntarlle "sobre a utilidade do concello na actualidade", apuntou.