Unha nova versión da "Danza da árbore" do arquitécto Fernando Blanco xa pode verse nas inmediacións do IES Chamoso Lamas
A escultura denominada “Danza da Árbore”, do arquitecto Fernando Blanco, que fora retirada hai case vinte anos do seu emprazamento orixinal na praza da Constitución, situada tras da casa consistorial, ofrece agora unha nova versión actualizada, que xa pode verse nas inmediacións do IES Chamoso Lamas.
Esta escultura, composta por un armazón de ferro, dous mástiles abrazados e dúas bandas metálicas circulares na copa, semellando a abstracción dunha árbore, construiuse nos anos 80 e permeneceu case vinte anos no seu emprazamento da praza da Constitución, ata que a comezos deste século reformouse dita praza e a escultura retirouse á espera dunha posible nova ubicación. Sen embargo, isto non se levou a cabo e a escultura acabou por desfacerse.
Co obxectivo de recuperar esta peza artística, o concello, a proposta do propio autor da obra, tomou en consideración o pasado ano a súa reconstrucción nun lugar axeitado como é a esquina do terreo público situado fronte ao mirador dos chopos da Piscifactoría, a carón da subida ao Instituto Chamoso Lamas e Mesego desde a Avenida do Parque.
O propio arquitecto dirixiu a instalación da escultura, que se realizou en dúas fases, e que na de onte precisou de varios operarios e dous camións dotados con plumas para colocar e nivelar a banda metálica circular.