Unha persoa ferida e cuantiosos danos materiais nos vehículos implicados nun accidente múltiple no tramo urbano da N-541, a altura da rúa 25 de Xullo.
A estrada N-541 continúa acumulando percances automobilísticos. O último accidente dentro do tramo urbano do Carballiño rexistrábase unhos minutos despóis das sete da tarde deste domingo e no mesmo víronse involucrados 3 vehículos, resultando ferida unha persoa que foi trasladada polos servizos sanitarios a urxencias.
Según o relato da Policía Local do Carballiño este accidente de tráfico consistíu "nunha colisión en cadea, na travesia 25 de Xullo ( N-541) cando os vehículos circulaban en sentido Pontevedra, a consecuencia do accidente, estivo cortado un carril de circulación, por espazo de dúas horas, sendo restablecida dúas horas despóis".
A mesma información da Policía Local indica que "ao parecer o primeiro vehículo da cadea se desvia na traxectoria para a súa dereita, e nese preciso intre, foi alcanzado polos outros dous vehículos implicados". Tamén manifesta que "segundo as primeiras investigacións, todo apunta a un despiste dun dos condutores da secuencia, que non se percatou da manobra do primeiro dos vehículos involucrados".
Os danos materiais son de bastante consideración, tendo que ser retirados polos guindastres das compañías de seguros, mentres que o servizo de Grupo municipal de emerxencias do concello do Carballiño fíxose cargo da limpeza da vía.