Unha rifa pola estrema dunha finca remata cunha veciña do Irixo no centro de saúde
Unha discusión entre estremeiros dunha finca, na localidade de Fabeiros, no Concello do Irixo, estivo a punto de rematar de forma tráxica. Nun momento da rifa que mantiñan polas desavencias en relación á estrema dunha leira, unha muller, de 79 anos de idade, perdeu o equilibrio, caendose ó chan e golpeando entón a cabeza contra un poste de pedra, tivo que ser trasladada ao centro de saúde ónde recibiíu 7 puntos de sutura. A Garda Civil do Carballiño, que tivo coñecemento do suceso ocurrido nesta localidade de Fabeiros, na parroquia de San Cosme de Cusanca, localizou e detivo esta mañá como presunto autor da agresión a A.L.F, de 53 anos de idade, con veciñanza na mesma localidade da víctima.