Unha sospeitosa maleta preto da Rúa Carreira provoca un espectacular despliegue policial e o desaloxo dos veciños da zona
(Redacción. Belén González) Ás primeiras horas desta mañá unha particular daba a voz de alarma á Policía Local ó avistar dende o seu establecemento unha sospeitosa maleta. O feito tiña lugar na Rúa Xoán de León, máis coñecida por situarse alí o Bar Casablanca e Talleres Adolfo. Ás 12.00 horas chegaban numerosas brigadas da Policía Local e da Garda Civil ó lugar que foi acordoado na súa totalidade por motivos de seguridade e ó que non deixaron entrar en ningún momento a nadie, activandose o protocolo de seguridade previsto para estos casos. A Garda Civil asegurou dende un primeiro momento que se trataba dun acto sen trascendencia. Preto das 12.45 horas chegaban dende Vigo os especialistas en explosivos da garda civil para abrir a maleta e saber cal era o seu contido. Minutos máis tarde dábase por finalizado todo o despliegue ó confirmar que se trataba dunha maleta con roupa. O alcalde, Carlos Montes, confirmoulle ós veciños e traballadores da zona que podían voltar ó seu posto. En apenas uns minutos a zona foi desacordoada e recuperouse a normalidade na circulación e tamén nos establecementos que alí se atopan.