Unha tirolina e varios xogos para mellorar o parque infantil da Alameda de Maside

A Vicepresidencia da Xunta confirmou ao concello de Maside unha achega de 48.000 euros para a mellora da zona de ocio infantil da Alameda de Maside.
Desta maneira, o concello ultima o proxecto que dotará a este parque infantil de novos actrativos para os cativos, instalaráse unha tirolina, taboleiros para tenis de mesa, xadrez e outros elementos de xogo.
O concello de Maside conta con 250 nenos menores de 14 anos, según se desprende dos datos do padrón municipal de habitantes.