Unha vertedura tingue de branco un tramo do río Arenteiro durante varias horas
A vertedura detectouse na tarde deste pasado venres, na zona entre a ponte medieval de Veiga e a presa do Cuco, tinguindo de branco as augas do río Arenteiro, aínda que de momento non se advertiron danos medio ambientais, o presidente da Asociación de Pesca Deportiva Arenteiro que xestiona o couto de pesca confirmou a esta emisora de radio que "fixéronse as comprobacións oportunas tras poñer a vertedura en coñecemento do Seprona e as autoridades municipais, e non se advertíu mortandade no río".
Está por determinarse a orixe da vertedura, o Seprona abríu unha investigación, pero todo parece indicar que se trata de restos de pintura e escaiola procedentes dalgunha obra.